22/1/13

1103. O tempo é variable


É o que soemos pensar cando falamos do clima, pero non do calendario... ou polo menos fóra das miñas clases.

Esta mañá un alumno (alumno 1, para abreviar) empezou a seguinte conversa:

- Profe, una pregunta.
- Si?
- Estuve echando cuentas y resulta que la huelga de estudiantes del 5-6-7 es de lunes a miércoles, ¿no?
- Pois non. É de martes a xoves.
- ¿Cómo?
- Si, se miras o calendario que hai no taboleiro, febreiro, aí está.
- Aaaaah, entonces... ¿Enero tiene 30 o 31 días?
- 31, claro! (a miña cara de asombro ante a pregunta debía ser épica)

Nesto, terciou outra alumna (alumna 2) para axudar a A1:

- Claro, es muy fácil con las manos.
- ¿Cómo con las manos? -preguntou A1-
- Si, segues os cotenos e vas contando, arriba 31 e abaixo 30, menos febreiro, claro.

Fixemos a representación do asunto un par de veces para despexar as posibles dúbidas, ou iso parecía ata que outra alumna (alumna 3) tivo a ben preguntar:

- ¿Y eso es siempre así?
- Sempre, como?
- Sí, ¿si es así igual todos los años?
- Ben, febreiro varía nos bisestos.
- Ya, ya, ¿y los otros meses también son igual?
- ... (estupor)

Recomendación:

E como recomendación de hoxe, unha canción na que tamén se menciona ó tempo de forma difusa, "Cybele's reverie", dos meus idolatrados e sempre infravalorados Stereolab.